Ao longo do mes de xaneiro, o programa EduReferentes, impulsado por Executivas de Galicia co apoio da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, trasladou a súa proposta a 11 centros educativos da comunidade. Esta iniciativa ten como obxectivo achegar ás aulas o testemuño de mulleres galegas que destacan no seu sector profesional. O propósito principal é fomentar a igualdade de oportunidades e que o alumnado elixa o seu camiño académico e laboral baseándose na súa vocación e non no estereotipo de xénero.
Desde o seu inicio no ano 2019, máis de 4.000 estudantes de 85 centros educativos de Galicia participaron en charlas impartidas por mulleres referentes. Estas sesións permitiron ao alumnado coñecer de primeira man historias inspiradoras de éxito profesional, así como expor unha reflexión sobre os mitos asociadas a diferentes perfís laborais
Durante o mes de xaneiro visitáronse o CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, CIFP Manuel Antonio, IES de Mos, IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, IES Río Cabe, IES Ramón Mª Aller Ulloa, IES Marco do Camballón, CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, IES Marqués de Sargadelos, IES Julio Prieto Nespereira, IES Laxeiro, IES Monte da Vila, IES de Mugardos.
As xornadas continuarán no CPI de Bembibre, CIFP Ferrolterra, IES A Pinguela, IES Agra de Raíces, IES Xesús Taboada Chivite,, IES Lois Peña Novo, IES Ramón Caamaño.
Este programa é unha parte do proxecto Referentes Galegas, a través do cal se propón realizar encontros de mulleres Referentes Galegas con estudantes de ESO, FP e 1º Bacharelato de entre 15 e 18 anos de tódalas provincias de Galicia.