A Universidade de Santiago de Compostela conta co proxecto Mentoring USC Desenvolvemento Profesional, a través do cal profesionais de diferentes áreas actúan como mentores/as de estudantes.

Devandito proxecto, que xa vai pola súa sexta edición, ten por obxectivo poñer en contacto ao alumnado de máster, graduados/as ou último ano de grao (mentorizados/as) con persoal directivo de empresas e profesionais (mentores/as), co fin de que estes poidan orientalos e apoialos no desenvolvemento da súa carreira profesional.

Poden actuar de mentor ou mentora os directivos/as, profesionais ou emprendedores/as con ampla bagaxe profesional e preparación de áreas afíns ao alumnado que participa, que dedican unha pequena parte do seu tempo para escoitar as inquietudes dos/as estudantes, compartir con eles os seus coñecementos e experiencias, aconsellalos para que poidan explotar mellor as súas fortalezas e aproveitar as oportunidades da súa contorna.

Entre os mentores/as de este proxecto figuran 8 socias de Executivas de Galicia:

    • Ariana Fernández Palomo. CEO en Lp10 Lab.
    • Asunción Fieira Busto. CEO / Directora Nion&Fieira avogados.
    • Ana Framiñán Fraga. Socia e Directora en U.NA GRUPO.
    • Mari Carmen López Gómez. Ex-directora do Programa de apoio ao emprendimento Galicia Open Future.
    • Alicia Lorenzo Ucha. Socia de Ausum Asesores e Avogados, S.L.
    • María Mayán Santos. Xefa de Grupo de Investigación no INIBIC – CHUAC – SERGAS.
    • Beatriz Pereira Lafuente. CEO en Iuni.
    • Carla Reyes Uschinsky. Consultora de comunicación free lance. Colaboradora TVG, Radio Galega. Presidenta de Executivas de Galicia.