Accessibility Tools

A presidenta de Executivas, Carla Reyes Uschinsky, o director de Galicia Business School, Eduardo García Erquiaga, e a Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, fixeron entrega do Premio Executivas 2019 a Silvia Jato, presentadora e comunicadora galega, dentro da Gala dos IV Premios Paraugas de Comunicación e Marketing de Galicia que tivo lugar en Ourense.

Con este galardón, patrocinado por Galicia Business School, Executivas de Galicia valorou o percorrido profesional como unha referente no sector da comunicación, comprometida con causas humanitarias, e, por suposto, coa igualdade de oportunidades para homes e mulleres. En edicións anteriores foron galardoadas a bióloga Marisol Soengas e a CEO Adriana Dominguez.

Silvia Jato agradeceu o recoñecemento e encomiou o labor levado a cabo durante estes anos por Executivas de Galicia e a importancia social que ten programas como Referentes Galegas.

O galardón, que quere destacar aquelas traxectorias persoais ou profesionais que poñen o valor o liderado feminino, consistiu nunha escultura do artista galego Miguel Couto, denominada Muller, onde reflexiona sobre o triunfo persoal da muller.

Traxectoria Profesional

Silvia Jato, é licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade San Pablo Ceu en Madrid. Conta cunha dilatada carreira profesional como presentadora e comunicadora e aínda que a maioría da súa actividade profesional desenvolveuna en Madrid o seu vínculo con Galicia é moi estreito. Foi empresaria, escritora e, agora acaba de asumir un novo reto como directora de Relacións Institucionais da Fundación Alcol e Sociedade, súa misión é concienciar da necesidade de evitar o consumo de alcol en menores de idade.

Ata hai pouco traballou en diversos programas para a CRTVG, como Boas Tardes e ou último programa Vos Nosos Sabios. Ademais, foi recoñecida con distintos galardóns pola súa traxectoria profesional.