Accessibility Tools

A presidenta e a secretaria de Executivas de Galicia, Carla Reyes e Anabel Díaz, mantiveron no día de onte unha reunión en Santiago de Compostela coa Conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, na que abordaron as liñas de colaboración que a Xunta de Galicia mantén con Executivas de Galicia, desde onde seguimos traballando día a día para visualizar e impulsar o empoderamento feminino como motor de futuro e axente clave no desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

A  reunión serviu para reafirmar o compromiso de ambas entidades na loita contra a desigualdade de xénero e no fomento do liderado feminino nos ámbitos empresarial e laboral.

http://igualdade.xunta.gal/gl/actualidade/lorenzana-reafirma-o-compromiso-da-xunta-na-loita-contra-desigualdade-de-xenero-e-no