Accessibility Tools

En Executivas de Galicia temos unha convicción clara: para fortalecer a nosa rede, primeiro debemos coñecernos de verdade. Queremos saber moito máis que un nome; queremos descubrir o mundo profesional, os retos e esa traxectoria que fai única a cada das nosas socias, para que todas poidamos formar parte dela.

Por iso, este 2026 recuperamos con ilusión Quen é Quen?, unha iniciativa deseñada para dar visibilidade real e estratéxica aos perfís da nosa asociación.

As nosas protagonistas do mes de febreiro.

Inauguramos esta sección de 2026 presentando a dúas profesionais cunha traxectoria impecable e unha visión innovadora nos seus respectivos campos:

Ana Besada – Fundadora de Slab Arquitectura de Interiores e coimpulsora da marca de mobiliario Carlei.

Tras 16 anos na xestión e dirección de empresas, deu un xiro á súa carreira e graduouse en Deseño de Interiores.

Paula Medina – Founder de MakingHR

Con máis de 20 anos de experiencia, Paula é experta en deseñar sistemas de Recursos Humanos que transforman a operativa das empresas.

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.