O encontro online celébrase o mércores 21 de abril ás 18.30 horas

Tras o éxito cultivado no primeiro e segundo programa Meet Up Referentes Galegas, Executivas de Galicia anuncia o seu terceiro programa cuxo tema central é a análise do impacto social da pandemia.

Neste terceiro encontro, que leva por título Impacto da pandemia a nivel social. Retos e propostas, reflexionaremos sobre as desigualdades económicas que xurdiron por mor da crise sanitaria do Covid-19 e sobre as medidas e plans de actuación postos en marcha, así como o compromiso e acción social de empresas e diferentes organismos.

Neste terceiro encontro contaremos con Beatriz González-López, Catedrática de Economía da Universidade das Palmas de GC, Fumie Kitahori, Directora de Marketing de Grupo Leite Río, e José Anuncio Mouriño, director de Cáritas Diocesana de Santiago.

Beatriz González-López Valcarcel, é doutora en Economía e Catedrática de Métodos Cuantitativos en Economía e Xestión da Universidade das Palmas de GC. Investigadora en Economía da Saúde, con particular interese en Economía da Saúde Pública e da Prevención, mercados laborais e planificación de recursos humanos, adopción e difusión de novas tecnoloxías sanitarias.

Fumie Kitahori, é Directora de Marketing do Grupo Leite Río. Con ampla experiencia en márketing, foi Directora de Marketing en Inleit Ingredients e Directora de Marketing Global en Nissan Motor Corporation.

José Anuncio Mouriño Rañó, é Coordinador de Cáritas en Galicia e desde setembro de 2010 Director de Cáritas Diocesana en Santiago de Compostela. Conta cunha ampla traxectoria en Cáritas, onde leva máis de trinta anos realizando traballos de voluntariado.