Durante o mes de abril Executivas de Galicia, como asociación que promove a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e co propósito de aumentar a súa capacidade de interlocución das mulleres profesionais ás que representa coas institucións públicas e privadas, estivo presente en distintos actos institucionais da comunidade galega.
O pasado 13 de abril tivo lugar a toma de posesión do novo presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. Ao acto, celebrado en San Domingos de Bonaval, acudiu a presidenta de Executivas, Carla Reyes Uschinsky en representación da asociación.
O día 17 de abril, con motivo do Día Internacional do Emprendemento, a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración organizou un acto no que se presentou o espazo virtual de apoio ao emprendemento “Mapa de emprendemento”. Devandito acto contou coa asistencia da presidenta de Executivas de Galicia e as socias Maruxa Quiroga e Bibiana Rodiño.
O día 30 de abril a presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky asistiu en representación da asociación á toma de posesión de María Quintana como directora xeral de Promoción da Igualdade e Roberto Barba como director xeral da Loita contra a Violencia de Xénero.