Accessibility Tools

Considérase “cidadá do mundo”. “Sempre digo que son comos os cans rueiros “de todas as razas e de ningunha”.

Filla de pais españois (nai galega e pai Navarro), nacida en Caracas (Venezuela) pero criada e educada en España. Raquel é experta en Comunicación, Marketing e Vendas. Licenciada en Ciencias da Información (Xornalismo) pola Universidade de Navarra e Master en Comunicación Corparativa en Tracor, pertencente ao CEU, Universidade San Pablo (Madrid). Toda a súa formación está encamiñada ás áreas de comunicación, márketing, vendas, visual, coaching, etc.

Desde Ribeira, un fermoso recuncho de Galicia, Raquel creou FarmaFlow empresa de consultoría, formación e servizos, para mellorar a eficiencia e rendibilidade das oficinas de farmacia. Iso supón dedicación absoluta e total, e todas as horas do mundo, para que o proxecto salga adiante. Conseguir que se converta nunha empresa viable, partindo desde cero, non é nada fácil.

 

Nalgún momento a túa condición feminina ha condicionado a túa carreira profesional?

Considero que estamos rodeamos de condicionantes desde que vimos ao mundo e debemos enfrontarnos a eles, se estes non nos son favorables. Todo nos condiciona: onde nacemos, onde vivimos, con quen compartimos tempo e experiencias…..Supoño que a miña condición feminina é un máis deses condicionantes, pero núnca percibino como algo que puidese influír nin a miña carreira professional, nin ningunha outra cousa, aínda que influíse, cousa que non digo que non fixese.

 

Hai un factor que determinase como muller o teu desenvolvemento profesional?

No meu caso, está clarísimo, hai un factor que condicionou a miña vida persoal e profesional. Ser nai. Fun nai sendo moi jóven e iso condicionou todo o demais. Fun estudante, nai e esposa (todo á vez) A unha idade, na que non estás preparado nin para ser só estudante.Creo que iso forxou a miña personalidade e a miña profesionalidade. Asumir grandes responsabilidades a unha idade tan temperá cámbiache os puntos de vista. Xa non es o teu, es nós. Aprendes a xestionar o teu tempo, recursos, situacións e emocións, mellor que en ningún master de xestión de empresa.

A maternidade condicionou o que fun, o que son e, posiblemente, o que vaia a ser. Levo máis tempo sendo nai que calquera outra cousa no mundo. Non se o que é o mundo laboral sen a condición da maternidade. Eu entrei no mercado laboral portando todos eses “condicionantes”· desde o inicio. Por iso, pode ser, que nunca sentise a condición de muller ou nai como un condicionante. Ou, todo o contrario, que todos os condicionantes marcasen a miña condición profesional e a miña persoa, desde o inicio de tal modo, que sexa algo “inseparable e incalculable”.

 

Sentíchesche recoñecida profesionalmente?

Sentinme e síntome valorada como profesional que para o meu é algo máis importante. Eu considero que a palabra recoñecemento é algo máis social, depende do externo. A valía para min, é máis interno, é o valor do que achegas, do teu traballo, do que creas. Un é máis “aparencia”, e o outro é máis “esencia”.

 

Sentes que tiveches que demostrar máis (que os homes) na túa carreira profesional?

Tiven e teño que demostrar todo, todos os días. Estamos nun mundo global, moi competitivo e cada vez máis profesionalizado, no que o nivel de esixencia cada vez é maior, sexas home, muller. Espero e desexo que no mundo laboral non se teña que demostrar máis ou menos por ser home ou muller. Sei que de momento, é unha utopia, pero hai que crer que o utópico pode ser real. Son das que pensa que “Crer é Poder”.

 

As 3 principais trabas para o desenvolvemento profesional das mulleres neste momento?

Cada vez existen menos trabas porque cada vez máis mulleres implicámonos activamente para que desaparezan. Temos moita capacidade de acción en todos os ámbitos. Se cremos en nós conseguiremos o que nos propoñamos.

Os freos externos maiores serían a crise económica, o cambio de circunstancias do mercado laboral e a desaparición de moitos perfís profesionais. Hai que traballar en reciclaxe profesional, capacitación en habilidades e cambio de actitude. Niso, desde Executivas, podemos axudar a moitas mulleres para que poidan acceder ao mercado laboral, recilar os seus coñecementos e habilidades para desenvolverse profesionalmente, e axudalas en temas de conciliación e igualdade.