Continuamos impulsando Quen é Quen?, a nosa iniciativa estratéxica para poñer rostro e voz á diversidade de perfís que integran a nosa asociación.
Este mes de abril, mergullámonos no sector do marketing e comunicación da man de dúas socias con traxectorias brillantes.
As nosas protagonistas do mes de abril:
Fátima Carmena Mayorga – Directora executiva en Nasas
Unha profesional con 20 anos de traxectoria en comunicación e marketing.
Luisa López Gutiérrez – CEO-Periodista en López Casanegra Comunicación
Xornalista especializada en comunicación en liña/offline 360 e relacións públicas.
Desde a Asociación de Executivas de Galicia, seguimos traballando para que o talento das nosas socias non só sexa excelente, senón tamén visible. Grazas a Fátima e Luisa por compartir a súa experiencia con todas nós!