No mes de xullo seguimos impulsando Quen é Quen?, a nosa iniciativa estratéxica para poñer rostro e voz aos distintos de perfís que integran a nosa asociación.
Este mes mergullámonos nos sectores da formación e da saúde e benestar con tres socias que lideran proxectos de acompañamento, información e consultoría.
As nosas protagonistas do mes de xullo:
Olga María Cerqueira – Directora de Olga María Cerqueira Escuela Online de Coaching e PNL
Profesora universitaria, investigadora e coach profesional, que acompaña a persoas, líderes e equipos en procesos de transformación cun enfoque profundo, práctico e orientado a resultados duradeiros.
Marta Rivas Pérez – Fundadora de Tabú Menopausia
Creadora dunha iniciativa que acompaña ás mulleres na etapa vital da menopausa e, ao mesmo tempo, traballa para romper os prexuízos que aínda existen no ámbito profesional.
Susana Castro – Terapeuta e E-mais Consultoría de Procesos Humanos
Consultora de procesos humanos e terapeuta, que acompaña a persoas, equipos e organizacións cando atravesan situacións de tensión, cambio ou bloqueo.
Desde a Asociación de Executivas de Galicia, seguimos traballando para que o talento das nosas socias non só sexa excelente, senón tamén visible. Grazas a Olga María e Marta por compartir a súa experiencia con todas nós!