Accessibility Tools

No mes de setembro seguimos impulsando Quen é Quen?, a nosa iniciativa estratéxica para poñer rostro e voz aos distintos de perfís que integran a nosa asociación.

Este mes damos a coñecer proxectos tan diferenciados como poden ser a fotografía e desenvolvemento tecnolóxico.

As nosas protagonistas do mes de setembro:

Diana Fajardo Rama – Directora de Diana Fajardo, Fotografía

Fotógrafa e creadora audiovisual de ámbito nacional, o seu traballo en fotografía documental e etnografía visual pon o foco nos procesos humanos e sociais.

Beatriz Clara Losada González – CFO de LOGROOT RH

Cunha experiencia de 30 anos en xestión integral, contable e fiscal de pemes, desde o 2018 é responsable do departamento financeiro das empresas do grupo.

Desde a asociación de Executivas de Galicia, seguimos traballando para que o talento das nosas socias non só sexa excelente, senón tamén visible. Grazas a Diana e a Beatriz por compartir a súa experiencia con todas nós!

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.