Accessibility Tools

Executivas de Galicia informa que xa están publicadas as axudas destinadas á posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa e para proxectos de interconexión dixital de procesos, entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas, como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación ou procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.

Poderanse subvencionar os seguintes tipos de gasto:

a) Investimentos materiais novos e/ou inmateriais adquiridas en propiedade. Exclúese a adquisición e acondicionamento de inmobles, gastos de mobiliario, medios de transporte e equipamento de oficina excepto elementos informáticos.
b) Colaboracións externas de carácter tecnolóxico ou organizativo: asistencia técnica , adaptación e parametrización de solucións, consultoría e servizos directamente relacionados coa execución do proxecto.
O prazo de solicitude está aberto ata o 15 de Marzo de 2019.

As persoas interesadas neste tipo de axudas teñen máis información na seguinte ligazón enviada polas nosas asociadas de Álvarez Real.