Accessibility Tools

O grupo xurídico de Executivas de Galicia informa que o Diario Oficial de Galicia do 2 de xullo de 2019 publícase a convocatoria de axudas do Bono Autónomo que a Xunta de Galicia aproba por terceiro ano consecutivo con axudas de ata 3.000 € para apoiar servizos e investimento orientados á mellora da competitividade empresarial ou profesional das persoas traballadoras por conta propia, que teñan unha antigüidade superior aos 42 meses, un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarado na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 € e unha facturación mínima anual de 12.000 €, IVE/IVE incluído, decalarados no ano anterior ao da convocatoria.

As axudas contan con dúas liñas de actuación, por unha banda, mellorar a competitividade das persoas autónomas mediante o apoio do desenvolvemento de servizos destinados á investigación de mercado e plans de márketing, comunicación, estratexia, crecemento, comunicación, refinanciamento ou reorientación do negocio, así como os dirixidos ao uso das novas tecnoloxías e outros estudos ou plans que teñan como fin incrementar a competitividade da actividade empresarial; e doutra banda, axudas para investimentos relacionados coa compra de maquinaria, ferramentas, mobiliario, equipos informáticos ou rótulos, coa reforma do local, a posta en marcha de aplicacións informáticas e páxinas web ou a creación de logotipos do negocio.

O palzo de presentación das solicitudes é dun mes para partir do día da publicación no Diario Oficial de Galicia.