Accessibility Tools

Desde Executivas de Galicia invitámoste a participar no noso próximo encontro de networking en Ourense. Unha oportunidade excepcional para fortalecer vínculos, compartir sinerxías e seguir impulsando o talento feminino na nosa comunidade.

Nesta ocasión, temos o pracer de contar con Emma González, xerente do INORDE. Será unha oportunidade única para coñecer de primeira man os proxectos que impulsan a economía de Ourense e como conectar o teu negocio con eles.

Como é habitual nas nosas citas, aproveitaremos o espazo para debater sobre a visibilidade e o empoderamento da muller na contorna profesional, alén de poñervos ao día sobre os últimos proxectos e eventos que estamos a impulsar desde a asociación.

Detalles do Evento

    • Data: venres 19 de xuño de 2026.
    • Hora: 09.30 horas.
    • Lugar: Arce House (Ourense).
    • Inscrición: Imprescindible inscribirse a través do formulario (máis abaixo) antes do 16/06/2026.
    • Prazas limitadas! Asegura a túa canto antes para non quedarche fóra deste encontro.

Para que a xornada sexa o máis produtiva posible, lembrade que:

    • Invitadas: Cada socia pode vir acompañada dunha invitada (lembrade que ela tamén debe completar a súa inscrición no formulario).
    • Elevator Pitch: Tanto socias como invitadas dispoñerán de 45 segundos para presentarse (nome, cargo e empresa). Preparade o voso mellor discurso para que todas poidamos coñecervos!
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.