Accessibility Tools

Executivas de Galicia organiza un novo encontro de afterwork na Coruña, unha ocasión ideal para reforzar alianzas, compartir experiencias e ampliar a túa rede de contactos nunha contorna dinámica e distendida.

O encontro terá lugar o mércores 23 de setembro ás 19.30 no Skybar do Hotel Praza, no centro da Coruña.

Por razóns organizativas, é necesario facer a inscrición previa na ligazón que aparece máis abaixo antes do mércores 16 de setembro.

Como en ocasións anteriores, aproveitaremos a xornada para conversar sobre proxectos, visibilidade, empoderamento feminino e as últimas novidades da asociación. A todas as socias lembrámoslles que:

    • cada socia pode levar unha invitada
    • as socias e invitadas realizarán unha presentación de 45 segundos: nome e empresa

Executivas de Galicia aspira a converterse en motor do cambio da nosa sociedade e co formato de afterwork pretendemos que as socias se coñezan para fomentar contactos e relacións, discutir temas de actualidade profesional de interese e crecer en asociadas para conseguir máis visibilidade e facer oír as nosas inquietudes, ideas e propostas.

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.