Accessibility Tools

O vindeiro venres 26 de xuño, as socias de Executivas de Galicia visitarán de cerca unha das marcas máis potentes e consolidadas da nosa contorna: Selmark.

Referente indiscutible no sector da moda íntima e un auténtico puntal do tecido empresarial en Galicia, Selmark abriranos as portas das súas instalacións. A través desta visita guiada, teremos a oportunidade única de percorrer a súa historia, entender a súa evolución e descubrir as claves estratéxicas que a levaron todo o máis alto.

Pero a xornada non termina aí. Ao finalizar o percorrido, compartiremos un café informal nunha cafetería próxima. Será o momento perfecto para intercambiar impresións, charlar tranquilamente e facer un networking próximo e de valor nun ambiente totalmente distendido.

Detalles de la jornada

    • Data: Venres, 26 de xuño. 
    • Hora: 10:00 h. 
    • Duración: 2 horas aproximadamente. 
    • Lugar: PTL Valladares – Rúa C, Nave A11 (36314 Vigo). 
    • Asistencia: actividade exclusiva para as socias de Executivas 

 

Dada a natureza exclusiva desta actividade, as prazas están estritamente limitadas a 25 persoas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición. Se non queres perderche esta experiencia, asegúrate de reservar o teu sitio canto antes.

Prazo máximo de inscrición: Mércores, 24 de xuño.

 

 

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.