Programa EduReferentes

Acercando profesionais referentes ás aulas galegas

I

Divulgación entre as xeracións novas

As profesionais que forman parte de Referentes Galegas serven de modelo para os/as xoves, de maneira que  poidan ter referentes profesionas ás que seguir.

I

Participación de alumnado e Referentes Galegas

Máis de mil alumnos e alumnas de 26 centros educativos das catro provincias galegas xa participaron de forma activa en sesións de conferencia impartidas por máis de 80 mulleres Referentes nos seus sectores.

I

Programa de actividades

EduReferentes consiste en charlas informativas con dúas Referentes como protagonistas. Unha actividade transversal na que os participantes, ademais de ter novos referentes, poidan traballar diferentes habilidades sociais e de comunicación co fin de aportar unha experiencia educativa e formadora.

Visibilidade da muller profesional nas aulas

Con este programa Executivas de Galicia realiza encontros de mulleres Referentes Galegas con estudantes de ESO, FP e Bacharelato de entre 15 e 18 anos. Para iso visitamos distintos centros educativos de Galicia.
Nestos encontros dúas Referentes comparten as súas experiencias con xoves estudantes interactuando con eles e elas e respostando a cuestións que se lles expuxesen en relación ás carreiras profesionais.

A primeira edición tivo lugar durante o curso 2018-2019, e a segunda edición durante o curso 2021-2022. Nesta última edición ademais fixéronse mentorías nas que participaron 100 alumnos/as.

O noso obxectivo é que EduReferentes sexa unha canle  que impulse e visibilice ás mulleres profesionais que hai na nosa Comunidade e que constitúen un referente pola súa traxectoria e valía, así como realizar un labor divulgativo de estos perfiles entre os máis xoves.

 

Que é Referentes Galegas?

 

Un gran directorio ou inventario vivo das mulleres que, pola súa traxectoria e valía, poden ser modelos a seguir para o resto das galegas nos seus respectivos sectores profesionais.

 

 

Promovemos a igualdade entre os máis xoves.

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propor unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta con nós!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Dirección

Hotel Oca Puerta del Camino
R. Miguel Ferro Caaveiro, s/n
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña