Accessibility Tools

O mércores 22 de decembro Executivas de Galicia organiza un encontro en Lugo, no que contaremos como invitada especial con Teresa Alarcos Tamayo, que nos presentará o seu libro “Emprendedoras, Las líderes que cambian el mundo en la era digital”, un manual no que se realiza, a través de vinte e un exemplos reais de mulleres emprendedoras de éxito, unha análise da brecha de xénero dixital e ofrece unha reflexión sobre o que implica ser emprendedora na actualidade, os fracasos e éxitos deste proceso.

Teresa Alarcos é Fundadora e Presidenta da W Startups Community, vicepresidenta de Esade Cultural, Innovation Alumni Club e é membro das Diversity and University Comissions en Alastria Blockchain Consortium. Conta con 20 anos de experiencia como executiva en L’ Oreal Paris, Vicendi group Paris, Lycos Europe Gutteloch, Yoigo Madrid, entre outras organizacións.

A presentación do libro será no Coworking Hotel Fórum Ceao (Rúa dous Canteiros – Polígono do Ceao) de 18:30 a 19:30 e posteriormente terá lugar un networking.

Acompañarán a Teresa Alarcos na presentación do seu libro a nosa presidenta Carla Reyes Uschinsky e Carmen Lence, CEO de Grupo Leite Rio. A continuación pódese ver o programa da actividade.

Como en todos os networking que organiza Executivas, as socias poderán traer un/a invitado/a que deberá facer previamente a inscrición na ligazón que aparece máis abaixo.