O 20 de setembro terá lugar a presentación do programa Referentes Galegas ás 18:30 na Casa de Galicia en Madrid.
A presentadora de televisión e socia de Executivas Silvia Jato presentará o evento.
A benvida correrá a cargo da presidenta Carla Reyes e da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo.
No acto proxectarase un vídeo promocional do proxecto e contaremos cunha mesa de Referentes en diferentes industrias que reunirá a Irene Milleiro, María Rúa Aguete e Yolanda Román.
Irene Milleiro é directora de Ashoka España. Especializada no uso da comunicación dixital para o cambio social, foi Directora Xerente da Fundación Change.org
María Rúa Aguete trabaja en Londres como Directora en Omdia analizando o sector da television, media e tecnoloxía. Asesora estratéxica do Diplomatic World Institute
Yolanda Román é responsable de relacións institucionais de Amazon España. Experta en incidencia política, asuntos públicos e diplomacia corporativa.
O evento concluirá coa actuación da violinista Sara Areal seguida por unha degustación de viño galego.