Premio Executivas

[vc_row fullwidth=”has-fullwidth-column-no-padding” content_placement=”middle”][vc_column align=”right” bg_color=”#ffffff” width=”1/2″][vc_empty_space height=”50px”][agni_image img_url=”2342″ alignment=”center” animation=”1″][/vc_column][vc_column width=”1/2″ padding_top=”35px” padding_right=”50px” padding_bottom=”35px” padding_left=”50px”][vc_custom_heading divide_line=”yes” divide_line_height=”2″ divide_line_color=”#d3451b” text=”Premio Executivas” use_theme_fonts=”yes” responsive_font_size=”yes”][vc_column_text]Unha vez ao ano, Executivas de Galicia concede o seu Premio Executivas a personalidades, empresas, públicas ou privadas, ou proxectos e iniciativas que poñan de relevo o liderado feminino, favorezan a conciliación e se comprometan coa igualdade de oportunidades e a paridade entre homes e mulleres.

A Xunta Directiva de Executivas, formada por 13 profesionais elixe por consenso á persoa ou entidade galardoada. O acto de entrega do Premio ten lugar no marco do Foro da Comunicación de Galicia.

O galardón é unha escultura do artista galego Miguel Couto, denominada Muller, onde reflexiona sobre o triunfo persoal da muller.

Na pasada edición o Premio Executivas recaeu na científica Marisol Soengas, investigadora, directora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) como recoñecemento á súa traxectoria investigadora e por contribuír co seu traballo para dar visibilidade ao importante papel da muller na Ciencia.[/vc_column_text][vc_empty_space][/vc_column][/vc_row][vc_row fullwidth=”has-fullwidth-column-no-padding” margin_top=”2rem”][vc_column][agni_posttypes blog-layout=”minimal-list” blog-sidebar=”no-sidebar” blog-navigation=”” blog-categories=”554″][/vc_column][/vc_row]