Yolanda Vázquez Cordeiro

Presentadora de TV e comunicadora

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación
Empresa: Cible Comunicación, S.L.
Posto: Presentadora de TV e comunicadora
Sector: Actividades artísticas, recreativas e de entretemento
Actividade: Comunicación
Ámbito Xeográfico: Internacional

Contacto

En 1986 empeza a traballar en TVG como presentadora e guionista de programas, compaxinando os estudos coa comunicación.

Tras pasar polos programas de máis audiencia de televisións xeneralistas como TVE, Antena 3, Telecinco ou A Sexta, e sen deixar nunca a súa faceta de presentadora e comunicadora, decide compartir os coñecementos adquiridos ao longo de tantos anos de carreira, impartindo cursos de comunicación interpersoal.

A súa ampla formación, a súa dilatada experiencia, o seu bo facer e a súa ampla traxectoria no sector audiovisual convertérona nun referente da comunicación e valéronlle o recoñecemento do público máis aló do ámbito da comunidade galega.

Sempre concienciada e comprometida coa saúde e o medio ambiente, no ano 2019 incorpórase a Augusta Eco Wellness Resort, poñéndose á fronte de Sivana Holistic Spa e liderando un equipo de 25 persoas.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n

15707 | Santiago de Compostela | A Coruña