Vânia de la Fuente-Núñez

Responsable Técnico na Organización Mundial da Saúde

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Medicina e Cirurxía
Entidade: Organización Mundial da Saúde (OMS)
Posto: Responsable Técnico
Sector: Actividades sanitarias e de servicios sociais
Actividade: Saúde Pública (envellecemento)
Ámbito Xeográfico: Internacional

Contacto

A Dra Vânia de la Fuente-Núñez dirixe a Campaña Mundial contra o Edadismo da Organización Mundial da Saúde e é autora principal do primeiro Informe Mundial das Nacións Unidas sobre o Edadismo.
 
Vânia tamén lidera a área de capacitación e formación sobre o envellecemento saudable en países e rexións, apoiando o desenvolvemento de políticas e programas que melloren a vida das persoas maiores, as súas familias e comunidades. Neste rol, dirixiu o desenvolvemento e é responsable da execución do primeiro programa de líderes sobre envellecemento saudable.
 
Incorporouse á OMS en 2014 para traballar no desenvolvemento de guías de ética no contexto da epidemia do ébola e contribuíu ao lanzamento do Observatorio Mundial de Investigación e Desenvolvemento en Saúde.
 
Antes da OMS, Vânia traballou con varias ONG e institutos de investigación en países de altos e baixos ingresos.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n

15707 | Santiago de Compostela | A Coruña