
Sonia Pazos Álvarez
Responsable de desenvolvemento de negocio e relacións estratéxicas para España de INL International Iberian Nanotechnology Laboratory
Info
Titulación Universitaria: Licenciada en Empresariales
Empresa: INL International Iberian Nanotechnology Laboratory
Puesto: Responsable de desarrollo de negocio y relaciones estratégicas
Sector: Actividades profesionales, científicas y técnicas
Actividad: Investigación e Innovación
Ámbito Geográfico: Internacional
É Licenciada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de Investimento e Financiamento.
Ao longo da súa carreira profesional ha complementado a súa formación adquirindo especialidades en diversos ámbitos como Planificación e Desenvolvemento local, Xestión Ambiental e Economía Circular, Xestión da Innovación, Xestión de Recursos Humanos e Talento, entre outros, adquirindo unha visión estratéxica da problemática da innovación pública e privada, rexional, nacional e internacional.
Foi Responsable do programa Leader Plus 2000-2006 na Fundación Terra Chá ( GDR-2), Consultora Senior en Econet, Directora de Innovación en FEUGA (Fundación Empresa-Universidade Galega) e Directora da área de Centros de GAIN Axencia Galega de Innovación. Durante este tempo desenvolveu consultoría ambiental e de sustentabilidade para entidades privadas e públicas como a Consellería de Medio Ambiente coa que colaborou durante máis de seis anos.
Actualmente traballa no INL – International Nanotechnology Laboratory como responsable de desenvolvemento de negocio e relacións estratéxicas para España.
É Embaixadora e representante do Instituto Gallego do talento en Portugal, comprometida coa xestión e promoción do talento, especialmente do talento feminino, e a difusión da marca Galicia no mundo.
Buscar referentes
Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña