Pilar Porral

Periodista, docente y emprendedora social

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas
Empresa: Coeduca, consultora de coeducación
Posto: Fundadora e directora
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Prevención da violencia de xénero e promoción da Igualdade
Ámbito Xeográfico: Galicia

Contacto

Traballou para medios nacionais como elmundo.es, Radio Marca ou Vexo televisión e internacionais como o medio holandés Radio Netherlands Worldwide.

Especializada en Xénero e con formación en España, Perú e Holanda regresa a Galicia para fundar a primeira consultora de coeducación, baseada na metodoloxía finlandesa, co fin de previr a violencia de xénero e contribuír a unha sociedade máis igualitaria.
Ao seu regreso a Galicia desenvolve o primeiro Plan de Igualdade con metodoloxía finlandesa dun CIFP en España, a primeira Guía Coeducativa para os centros escolares de Galicia e as primeiras mesas locais contra a violencia de xénero.

Entre os premios recibidos, destaca o Moce 2018 ao emprendemento, Son Muller 2018, o Premio de Proxectos Empresariais Innovadores da USC 2017 e o Accésit de Idea Lugo ao emprendemento 2016.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña