Paula López Suevos Fernández

Directora asociada de ExcellentSearch – Cornestone Group

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Historia Moderna e Diplomada en Dereito
Empresa: ExcellentSearch – Cornestone Group
Posto: Directora Asociada
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Consultoria de Selección de Directivos
Ámbito Xeográfico: España

Contacto

Desde 2018 traballa en ExcellentSearch como Directora Asociada especializada en procesos de procura de Alta Dirección. ExcellentSearch é membro de Cornerstone International Group e da AESC ( Association of Executive Search Consultants).
De 1997 a 2018 traballou en Odgers Berndtson como Directora Asociada, firma global especializada na Procura e Avaliación de Directivos e Conselleiros, e en Consultoría de Dirección, presente en 28 países.

Ao longo da súa dilatada experiencia en Procura de Directivos, xestionou numerosos proxectos para empresas líderes no mercado nacional e internacional en Servizos Financeiros e Seguros. Enerxía e Utilities, Servizos Profesionais e Consultoría.

Paula especializouse funcionalmente en procesos nas áreas de Dirección Comercial e de Marketing, CFO e Posicións Financeiras, Riscos e Compliance, Legal, Compras e Aprovisionamento.

Antes de incorporarse a Ray & Berndtson en 1997, compaxinou as oposicións ao Corpo Superior de Administradores Civís do Estado con formación na Diplomatische Akademie de Wien e Stevenson College Edinburgh.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña