Nelly Rey Rey

Xerente e fundadora de Identia Coaching & Formación

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Pedagoxía Laboral
Empresa: Identia Coaching & Formación
Posto: Interim Manager
Sector: Outros servizos
Actividade: Interim Manager / Mentoring / Coaching
Ámbito Xeográfico: A Coruña

Contacto

Nelly Rey Rey é licenciada en Pedagoxía pola universidade de Santiago de Compostela. Exerce de Interim Manager con traxectoria en consolidación e profesionalización de negocios a través de liñas estratéxicas.
No ano 2007/2008 funda a empresa Identia Coaching & Formación, das primeiras empresas dirixidas ao desenvolvemento profesional e persoal con ferramentas como o coaching, o mentoring e diferentes disciplinas do ámbito da neuropsicología para traballar e integrar procesos de cambios.
Foi coach no programa de TV de CoachingCuestións persoais” para a TVG e membro profesional do xurado do programa “Negocios de Familia” para a TVG.
Participa como mentora en diferentes programas de mentoring como “Programa Mentoring para Autónomo” da Fundación Ronsel. 2020. “Proxecto Mentoring Desenvolvo profesional” de Universidade de Santiago de Compostela, desde o 2015. Mentora Especialista. Programa Coworking. EOI. Escola de Organización Industrial.
Directora do Curso de Verán USC “Xornada de Coaching Educativo Organizado polo Instituto de Ciencias da Educación”. Universidade de Verán 2014/2015 e 2016. E é mentora no Proxecto Mentoring USC “Desenvolvemento profesional” desde 2015. Organizado por USC – Vicerrectoría de Comunicación, Cultura e Servizos.
Directiva en AGAFOR de 2010 a 2014, executando proxectos internacionais en Uruguai, Arxentina, Brasil, Alemaña e Suíza.
Escritora, publicou “Coaching para profesionais do ensino”, “Socioloxía da Educación”, “Acoso laboral no ámbito sanitario” e tertuliana en programas de televisión, radio e prensa desde o 2009.
Forma parte da xunta directiva a asociación Galega de Interim Management Valorea e participou como patroa da Fundación Muller Empresaria de Galicia en 2012. É Membro de ICF desde 2008. Membro da Comisión de Coaching Educativo de ICF en 2015. Xunta Directiva de AGAFOR de 2009 a 2014. Membro Comunidade Iberoamericana de Acción Familiar e Educativa CIAFE desde 2014 a 2017.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña