Maruxa Álvarez Jiménez

Docente e investigadora da Universidade de Vigo

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Bioloxía
Empresa: Universidade de Vigo
Posto: PDI (persoal docente e investigador)
Sector: Educación
Actividade: Docencia e investigación
Ámbito Xeográfico: Galicia

Contacto

Maruxa ten máis de 20 anos de experiencia traballando como profesora e investigadora na Universidade de Vigo, onde imparte clases nas facultades de Ciencias de Ourense e na de Bioloxía de Vigo. Independentemente das súas responsabilidades como persoal docente-investigador, sempre tivo presente a súa vocación por axudar ao alumnado para crecer e a fomentar neles o sentido da emprendeduría e iniciativa.

Preocúpase e trata de ocupar parte do seu tempo no desenvolvemento persoal dos/as estudantes e en axudarlles na súa inmersión no mundo laboral. Neste campo, ademais de exercer como mentora e asesora do alumnado tamén desenvolveu esta faceta no mundo empresarial. Esta liña de traballo permitiulle estar en contacto con distintos profesionais e axudarlles non só a que se expuxesen e definisen unhas metas importantes para as súas vidas e os seus negocios, se non que fosen capaces de planificarse e desenvolver un plan de acción para conseguilas.

Desde os seus inicios no ano 2018 é a directora académica do curso de especialización ICEMAR (Innovación, Competitividade e Emprendemento no Mar), que cada ano repórtalle unha nova xeración de estudantes altamente motivados e dos cales sente a súa “segunda madriña”.

Ademais, en outubro do ano 2019 pasou a ocupar o posto de dirección da área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo, cargo que aínda que lle supuxo un gran reto na súa vida, tamén lle está achegando moitas alegrías, sobretodo polas PERSOAS que se vai atopando polo camiño.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña