María M. Álvarez Lires

Profesora de Didáctica das Ciencias en U. Vigo

Info

Titulación Universitaria: Doutora en Química
Entidade: Universidade de Vigo
Posto: Profesora de Didáctica das Ciencias
Sector: Educación
Actividade: Docencia e investigación
Ámbito Xeográfico: Galicia

Contacto

Licenciada en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, Doutora en Química pola Universidade de Vigo e Posgrao en Responsables para Formación en Coeducación pola Universidade de Barcelona.

Ao longo da súa traxectoria profesional María Lires ocupou diferentes postos, entre os que destacan:

  • Catedrática de Física e Química de Ensino Secundario
  • Directora do Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (Xunta de Galicia)
  • Profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra
  • Coordinadora para Galicia do Programa TENET de Formación do Profesorado en Coeducación da Unión Europea.
  • Codirectora do Programa Interuniversitario de Doutoramento en Historia das Ciencias e das Técnicas (Universidade de VIGO e Universidade de Santiago de Compostela).
  • Codirectora do Grupo de Investigación CIES da UVIGO
  • Vicepresidenta do Seminario Interdisciplinario de Estudos de Xénero da UVIGO
  • Coordinadora do master en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria
  • Coordinadora do Grupo de Innovación Docente Educación Científica, Sustentabilidade e Xénero da Universidade de Vigo.

Formou parte de Sección Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega, Comisión de Educación e Promoción Científica da Unidade Muller e Ciencia de Galicia e Comité Europeo de Historia das Ciencias e dos Técnicas.
Acadou diversos premios en investigación e innovación educativa.

As súas liñas de investigación son: ciencia, tecnoloxía e xénero, formación do profesorado, didáctica e historia das ciencias; educación e xénero; mulleres e TIC, mulleres e poder; educación científica, sustentabilidade e xénero.

Actualmente é profesora xubilada da Universidade de Vigo.

Forma parte do Comité de Sabias, que asesora á Universidade de Vigo en materia de Igualdade de Xénero.

Dirixe tres teses doutorais sobre Educación científica e xénero e imparte docencia no Master de Cultura Científica da Universidade do País Vasco, conferencias e seminarios en diversas universidades. Dirixe proxectos sobre Educación, Sustentabilidade e Xénero.

Ademais da súa actividade académica, foi sindicalista desde os seus tempos de estudante e exerceu diversas responsabilidades como Secretaria de Organización, Responsable da Secretaría da Muller e, recentemente, como Representante de Igualdade do Comité de Empresa da Universidade de Vigo. Foi pioneira do movemento feminista en España e en Galicia e dos Estudos de Ciencia e Xénero.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
Rúa Miguel Ferro Caveiro, s/n

15703 | Santiago de Compostela | A Coruña