
María José Novoa Rodríguez
Xerente e Directora Técnica Xeral de Asociación Saúde Mental A Mariña
Info
Titulación Universitaria: Diplomada en Traballo Social
Entidade: Asociación Saúde Mental A Mariña
Posto: Xerente e Directora Técnica Xeral
Sector: Saúde
Actividade: Atención integral a personas con enfermidade mental
Ámbito Xeográfico: Galicia
Conta con máis de 19 anos de experiencia na atención das persoas con enfermidade mental e entre a súa experiencia laboral atópase a docencia no Módulo de Atención Residencial Comunitaria do Máster propio en Servizos Sociais: “Persoas con Enfermidades Mentais e Infancia e Xuventude en Risco de Exclusión Social” da Escola de Traballo Social da Universidade de Santiago de Compostela. Así como formación en Hospitais da contorna e da provincia de Lugo sobre este tema.
Comeza a súa andaina profesional vinculada a Chantada, onde desenvolve programas e proxectos vinculados á cultura.
No ano 2003 entra na “Asociación Saúde Mental A Mariña”. Despois de diferentes postos, desde o 2009 é a Directora Técnica Xeral da entidade (Xerente), así como a Directora da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental dende a súa apertura.
Foi a impulsora da implantación do Sistema de Xestión de Calidade nos C.R.P.L da entidade no ano 2010 e da obtención dun informe de homologación da entidade no Modelo de Excelencia e Calidade EFQM.
No ano 2013 puxo en marcha a Dirección da Unidade Residencial A Mariña en Cervo (única residencia de atención especializada de persoas con enfermidade mental na provincia de Lugo).
No 2018 crea a primeira e única Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental de Galicia, e posiblemente de España.
Na actualidade encóntrase impulsando a creación de 3 centros mais: a apertura dun novo centro de rehabilitación psicosocial e laboral en Viveiro, un centro de día para persoas con enfermidade mental, dependentes e unha miniresidencia.
Entre a súa labor como voluntaria destaca a súa colaboración con Cruz Vermella e a Asociación Española contra o Cancro.
Buscar referentes
Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Hotel Oca Puerta del Camino
C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña