Maite Vence Fernández

Directora de Observer. Science Tourism

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Economía
Empresa:
 Observer. Science Tourism
Puesto: Directora
Sector: Turismo, Investigación Turística, Formación y Consultoría
Actividad: Turismo científico
Ámbito Geográfico: Europa

Contacto

Especializouse en Economía da Innovación e comunicación audiovisual.

Traballou durante anos na Universidade de Santiago como coordinadora do programa de transferencia de tecnoloxía e emprendemento universitario en Ciencias Humanas e Sociais.

Máis tarde fundou en colaboración co Grupo de Investigación Galabra, da Universidade de Santiago de Compostela, a spin off FACE Cultura e Desenvolvemento, moi orientada á creación de proxectos no ámbito lusófono.

Foi co-directora de Base Tecnoloxica (2012), programa da Televisión de Galicia dedicado á divulgación científica de grupos de investigación e centros tecnolóxicos galegos. Participou en proxectos internacionais en Brasil, Cabo Verde e Italia e escrito artigos de opinión de corte socio-económico para diversos medios de comunicación nacional e brasileiros.

Co tempo foise especializando cada vez máis en divulgación científica, turismo e xestión da cultura, ata chegar ao Turismo Científico, o seu actual campo de traballo. Desenvolveu e puxo en marcha OBSERVER® ScienceTourism, o primeiro sistema internacional de certificación en Turismo Científico baseado na xestión e planificación de Destinos de Ciencia en espazos naturais e urbanos.

Actualmente tamén coordina e escribe en DESTINOS DE CIENCIA, a sección de Turismo Científico do portal de Ciencia galega: Gciencia.

É co-promotora de Emprendedores Anónimos, un evento periódico no que varios emprendedores falan sobre a súa experiencia empresarial desde unha óptica distendida e humorística.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña