
Lucía Cidón Fernández
Directora Grupo Montesqueiro
Info
Titulación Universitaria: Licenciada en Dirección e Xestión de Empresas Hostaleiras
Empresa: Montesqueiro Eventos, S.L.U.
Posto: Directora Grupo Montesqueiro
Sector: Hostalería
Actividade: Celebración eventos profesionais e sociais na propia finca, servizo de cátering, consultoría.
Ámbito Xeográfico: Galicia
- DIRECTORA GRUPO MONTESQUEIRO-A CORUÑA, desde 2013 á actualidade.
Recente apertura en decembro 2019, local na Coruña, marca Canton23, Gastrobar en pleno centro da cidade.
Xestión de Finca Montesqueiro (Oleiros) e de Cátering Montesqueiro en Pazo de San Tirso (Abegondo), Pazo Libunca (Narón). Apertura hai 6 anos de Finca Montesqueiro, posicionamento da marca como Grupo Montesqueiro, desenvolvendo outra nova liña de negocio de cátering. Ademais da comercialización, xestión e explotación do grupo de empresas, así como a creación dun equipo de traballo en todas as súas áreas e centros.
- DIRECTORA DE EVENTOS NH COLLECTION #FINISTERRE-A Coruña, durante 11 anos.
Pertence á cadea NH Hoteles e é o único 5 estrelas da cidade. Entre as súas funcións atopábase a posta en marcha, creación e contratación do persoal durante a apertura do hotel, ademais da xestión, contratación e seguimento de todos os eventos que se realizan no establecemento. (Vodas, banquetes, convencións, congresos…). O departamento de eventos representaba un 70% da facturación total do hotel.
- DIRECTORA DE EVENTOS BALNEARIO ISLA DA TOJA, durante 2 anos
Responsable do departamento de Congresos, Convencións, Incentivos e Banquetes no Hotel Balneario Isla da Toja **** Neste establecemento participou en todo o proceso de apertura e inauguración do hotel, deseñando toda a oferta, poñendo en marcha os procesos de selección e formación do persoal ao seu cargo. Adecuando as técnicas de venda ao produto balneario e golf, como valores engadidos do establecemento.
- DIRECTORA DE EVENTOS MELIÁ BALNEARIO DE MONDARIZ, durante ano e medio
Responsable do departamento de Congresos, Convencións, Incentivos e Banquetes no Hotel Meliá Balneario Mondariz ****. Participando na nova implantación da marca Meliá e na súa comercialización, conseguindo altos niveis de fidelización.
Buscar referentes
Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña