Isabel Pérez Dobarro
Concertista Internacional de Piano
Info
Titulación Universitaria: Grado en Dereito e Grado Superior de Piano
Actividade: Concertista Internacional de Piano
Sector: Música
Ámbito Xeográfico: Internacional
Isabel Pérez Dobarro é unha concertista internacional de piano e activista dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
Actuou nas principais salas de concertos do mundo incluíndo o Carnegie Hall, o Conservatorio Tchaikovsky de Moscova, o Balassi Center en Bruxelas, o Palau da Música Catalá, o Ateneo de Madrid, entre outros, destacando polo seu labor na visibilización de obras de compositoras e a promoción da música española no mundo enteiro.
Impartiu conferencias na Universidade de Harvard (onde recentemente publicou un artigo sobre a recepción de Joaquín Rodrigo nos Estados Unidos), na Universidade de Columbia, deu dous discursos na Sala da Asemblea Xeral das Nacións Unidas e no Parlamento Europeo.
.
Buscar referentes
Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!
Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña