Isabel Aguirre de Urcola

Directora Escola Galega Da Paisaxe Juana de Vega

Info

Titulación Universitaria: Arquitectura
Empresa: Bornugueiras SLP / Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega
Posto: Administradora Única / Directora
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Arquitectura e Arquitectura da Paisaxe
Ámbito Xeográfico: Galicia

En 1991 entra no Departamento de Composición da ETSA da Universidade da Coruña como profesora de Introdución á Arquitectura que compaxina coa docencia de Estética na Escola de Enxeñería de Deseño Industrial do Campus de Ferrol desde o ano 2000. É Titular de EU da Universidade da Coruña ata a súa xubilación no ano 2008.

En 2008, ao crear a Fundación Juana de Veiga a Escola Galega de Paisaxe, é nomeada a súa Directora, cargo que exerce hoxe en día.

En 1997 obtén o Premio Nacional de Arquitectura “Manuel da Dehesa” concedido polo Ministerio de Fomento, o Consello Superior de Arquitectos, a Universidade Manéndez Pelayo e a Universidade de Alcalá de Henares polo Parque de Bonaval. No ano 2007 é elixida Galega Destacada. No Ano 2015 obtén o Premio María Josefa Wonenburger á Ciencia e a Tecnoloxía. No ano 2015 obtén o Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico pola Intervención na Contorna do Mosteiro de Caaveiro, e en 2018 recibe a Medalla Castelao da Xunta De Galicia pola súa traxectoria profesional.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña