Inés Fernández García

Xerente de Gandería Rivas (xubilada)

Info

Empresa: Gandería Rivas
Posto: Xerente (actualmente jubilada)
Sector: Agricultura, gandería, silvicultura e pesca
Actividade: Xerente, agricultora, gandeira, coidadora
Ámbito Xeográfico: Lugo

Contacto

Inés Fernández García, Ofelia para a familia, amigos e veciños.

Naceu no ano 45, e criouse nunha familia dedicada á gandería e á agricultura. Despois duns anos estudando, casou moi nova nunha parroquia próxima. En Toirán, do Concello de Láncara, e da provincia de Lugo. Alí vive. Alí desenvolveu a súa vida co seu marido, os seus sogros e os seus sete fillos, aos que se lles deu unha vida feliz baseada no respecto e no amor.

Dende o primeiro día, unha muller nova e activa tivo que afrontar esa “dobre quenda” na agricultura e gandería e na casa. Foi loitadora polos dereitos do sector agrario e gandeiro, participando activamente en reunións e manifestacións para acadar estes dereitos, entre elas a eliminación da cota empresarial. Participando en asociacións de defensa dos dereitos das mulleres rurais.

Pioneira na agricultura ecolóxica, traballando dende o amencer ata o solpor, ata acadar tal perfección que a súa empresa foi inscrita como empresa agraria de produción vexetal e animal no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Entre os moitos adxectivos cos que se pode definir esta muller nun mundo de homes, é unha muller optimista, con capacidade de esforzo sostido, decidida, firme, activa, enérxica, competitiva, disposta a asumir riscos.

 

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
Rúa Miguel Ferro Caveiro, s/n

15707 | Santiago de Compostela | A Coruña