Fina Casalderrey

Mestra xubilada / Membro numerario da RAG

Info

Titulación Universitaria: Diplomada en Lingua Galega
Profesión: Mestra xubilada / Membro numerario da RAG
Sector: Artes e Cultura
Actividade: Escritora
Ámbito Xeográfico: Galicia

Contacto

Fina Casalderrey (Xeve, Pontevedra, 1951) é unha das autoras máis lidas e galardonadas da literatura infantil e xuvenil galega. Dedica gran parte da súa vida á creación literaria e ao fomento da lectura. A gastronomía, o teatro escolar e o cine tamén ocupan un lugar importante na súa traxectoria. Con arredor de 60 títulos publicados (ademais dos que constan en libros colectivos), os seus orixinais foron traducidos a todas as linguas peninsulares; algúns, tamén, ao bretón, coreano, italiano, francés, inglés, córnico, serbio e chinés. No 1996 logra o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil por O misterio dos fillos de Lúa.

Outros premios: Merlín, 1991. Barco de Vapor, 1994. Edebé, 1995. “Premio Lecturas” 2001. Premio Nacional de Xornalismo Puro Cora 2001 e I Premio de Xornalismo Fernández del Riego 2003. Benito Soto, 2003. The White Ravens 1998 e 2006. Premio Frei Martín Sarmiento 2009 e 2014. Premio Cidade de Pontevedra, 1996 pola súa traxectoria literaria. Premio “Autora do ano”da Federación de Libreiros de Galicia, 2007. Premio Ramón Cabanillas 2008, pola agrupación de libreiros de Cambados. Autora homenaxeada no X Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2009. Candidata española, proposta pola OEPLI e por GALIX, ao premio ASTRID LINDGREN 2010 e 2012. Lista Outstanding Books 2013. Oslo, por O neno can. Premio “Xosé María Álvarez Blázquez. Autora do ano” pola Asociación Galega de Editores (AGE) 2013. Premio da Cultura Galega na modalidade de Letras (Creación Literaria) 2015. Premio “Bos e xenerosos” da Fundación Eduardo Pondal (Ponteceso), 2016. Premio Picadillo á difusión da gastronomía galega, Fórum Gastronómico, 2017 (A Coruña). Premio Rosa dos Ventos do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Buenos Aires, 2018.

Entre as distincións honoríficas: Insignia de ouro de Moraña, homenaxe Letras Galegas da Asociación Monte Blanco de Ponteceso, Insignia de ouro da Asociación Cultural “Amigos de Pontevedra”, Medalla Castelao da Xunta de Galicia, Galega destacada, do Colectivo Diálogos 90; Galardón Feira do Libro de Pontevedra, Escritora do mes pola AELG. Pontevedresa do ano no apartado de Cultura (Diario de Pontevedra e Nova Caixa Galicia).

Foi mestra. Forma parte da RAG (Real Academia Galega) dende 2013. É, tamén, membro da AELG, do PEN CLUB e Socia de Honra de GÁLIX.

Para saber máis: http://fina.casalderrey.com 

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
Rúa Miguel Ferro Caveiro, s/n

15707 | Santiago de Compostela | A Coruña