Enma M. Iglesias Vázquez

Catedrática de Economía Aplicada na Universidade da Coruña

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariales; MSc in Economics and Econometrics; PhD in Economics.
Entidade: Universidade da Coruña
Posto: Catedrática de Economía Aplicada
Sector: Educación
Actividade: Docencia e Investigación
Ámbito Xeográfico: Internacional

Contacto

Antes de tomar posesión como Catedrática de Economía Aplicada na Universidade da Coruña traballou durante doce anos nos Departamentos de Economía da University of Exeter, Cardiff University, Universidade de Alacante, Michigan State University e a University of Essex como Teaching Assistant, ESRC-Post-doutoral Research Fellow, Assistant Professor e Reader in Economics.

Conta con ampla experiencia profesional en temas de Econometría teórica e aplicada. En especial, a súa investigación e docencia céntrase en Econometría Financeira; Econometría Espacial; Ecuacións Simultáneas; Econometría Non- paramétrica e Semi- paramétrica; Técnicas de Simulación; Datos de Panel; Técnicas Estatístico- Econométricas aplicadas á Economía Rexional así como en Series Temporais en xeral. Participou en diversos proxectos nacionais e internacionais (como investigadora principal nalgúns deles)/deles) e realizou estancias de investigación en Universidades como a London School of Economics, University of Montreal e CREATES ( Center for Research in Econometric Analysis of Estafe Series) en Aarhus University.

Presentou artigos en numerosos congresos nacionais e internacionais (como os da Econometric Society), e en seminarios por invitación en moitas Universidades como Harvard/ MIT e institucións financeiras como a Federal Reserve Bank of St. Louis. Dirixiu varias teses doutorais, teses de Master e proxectos de fin de carreira e foi convidada a dar cursos de doutoramento e Master en Universidades como a Carlos III de Madrid. Membro do panel de expertos da ESRC, European Comission e do Danish Council for Independent Research | Social Sciences.

É membro do Editorial Board de Applied Econometrics and International Development desde 1999 e é Associate Editor de Applied Economics, Applied Financial Economics e Applied Economics Letters desde o 2011 ata hoxe en día. Publicou nunha gran variedade de revistas, incluíndo o Journal of Econometrics, Journal of Business and Economic Statistics, Journal of Applied Econometrics, Econometric Theory, Econometric Reviews e o Journal of International Money and Finance. A CNEAI recoñeceulle tres sexenios de investigación 2000-2005, 2006-2011 e 2012-2017. Tamén ten recoñecidos tres quinquenios e un quinquenio da súa actividade docente segundo o programa “ Docentia” (período 2003/2004-2011/2012) cunha avaliación de desempeño notable.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña