Emilia Tojo Suárez

Profesora Titular de Universidad (Acreditada a cátedra) da Universidade de Vigo

Info

Titulación Universitaria: Doutora en Ciencias Químicas
Entidade: Universidade de Vigo
Posto: Prof. Titular de Universidade (Acreditada a cátedra)
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Investigadora especializada no deseño e síntese de líquidos iónicos
Ámbito Xeográfico: España

Contacto

Emilia Tojo naceu en Santiago de Compostela (A Coruña), en cuxa universidade obtivo os títulos de licenciada e doutora en Ciencias Químicas. Posteriormente foi beneficiaria dunha bolsa FULBRIGHT para realizar traballos de investigación post-doutoral en Penn State University ( Pennsylvania, USA), onde traballou durante case tres anos. Regresou a España para ocupar unha praza de Prof. Titular de Química Orgánica na Universidade de Vigo, onde estivo traballando ata a data. Actualmente está acreditada para acceder ao Corpo de Catedráticos de Universidade.

Ao longo da súa carreira investigadora ha adquirido experiencia no illamento, caracterización e síntese de produtos naturais, aínda que nos últimos 15 anos especializouse no deseño e síntese de líquidos iónicos para aplicacións específicas.

Participou de forma moi activa na creación dunha empresa de base tecnolóxica de orixe universitaria denominada “Green Solutions”, dedicada á síntese e desenvolvemento de líquidos iónicos. Por iso, Emilia Tojo foi gañadora do premio Empresa Xove do VII Concurso de Proxectos Innovadores da Universidade de Santiago de Compostela polo proxecto titulado: “Líquidos Iónicos. Green Solutions”.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña