Elena Rivo López

Profesora Doutora e Investigadora da Universidade de Vigo

 

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais, rama Empresariais e Doutora en Organización e Dirección de Empresas
Entidade: Universidade de Vigo
Posto: Profesora Doutora e Investigadora
Sector: Educación
Actividade: Profesora de Universidade. Docencia
Ámbito Xeográfico: Ourense

Contacto

É Doutora en Administración e Dirección de Empresas. Actualmente, é Profesora Contratada Doutora e investigadora no Departamento de Organización de Empresas e Marketing da Universidade de Vigo desde 1999.

Desde 2019 é Comisionada de Coordinación Institucional da Universidade de Vigo.

De 2013 a 2019 foi Decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense.

Desde novembro do 2011 ata xuño de 2014, coordinou o Máster Universitario en Creación, Dirección e Innovación na Empresa da Universidade de Vigo.

En canto á investigación, participa en diversos traballos e proxectos de investigación, traballando temas relacionados coa empresa familiar, a creación de valor e a innovación. É codirectora da Cátedra da Empresa Familiar da Universidade de Vigo e pertence ao Grupo de investigación XENE (Governance and Economics research Network).

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña