Coral del Río Otero

Catedrática de Economía Aplicada na Universidade de Vigo

Info

Titulación Universitaria: Doutora en Economía
Entidade: Universidade de Vigo
Posto: Catedrática de Economía Aplicada
Sector: Educación
Actividade: Docente e investigadora
Ámbito Xeográfico: Galicia

Contacto

Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutora en Economía pola Universidade Carlos III de Madrid. Na actualidade é Catedrática de Universidade no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo.

Os seus traballos abordan o estudo das desigualdades económicas, sendo as súas principais liñas de investigación: a Economía da desigualdade e a pobreza, o estudo das interaccións entre Economía e Xénero, e a análise distributivo do mercado laboral (desemprego, discriminación salarial e segregación ocupacional por razón de xénero, raza, status migratorio e orientación sexual).

É coautora en máis de 60 publicacións, entre as que destacan 35 artigos publicados en revistas incluídas no Journal Citation Report ( JCR), participando en 18 proxectos de investigación, financiados a través de convocatorias competitivas, e en 9 contratos con institucións públicas ou privadas. Nos devanditos traballos realizáronse tanto achegas metodolóxicas como estudos empíricos a nivel de Galicia, España, Europa e EEUU.

Na actualidade é a coordinadora do grupo de investigación de referencia competitiva da UVigo, ECOSOT (Economía, Sociedade e Territorio); forma parte da rede EQUALITAS e pertence ao Consello Editorial de Feminist Economics (revista da International Association for Feminist Economics, IAFFE).

Foi a primeira directora da área de Igualdade da Universidade de Vigo, e en 2016 foi galardoada co “IV Premio de Igualdade Ernestina Otero Sestelo”, outorgado polo Concello de Vigo.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña