Chis Mercedes Oliveira Baltar

Escritora e conferenciante

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Filosofía e Licenciada en Pedagoxía
Sector: Educación
Actividades: Educación, Escritora e conferenciante
Ámbito Xeográfico: Pontevedra

Contacto

Mercedes Oliveira Malvar (Chis), é unha das maiores referentes no campo da educación sexual con perspectiva de xénero.

Catedrática de Filosofía no Instituto Alexandre Bóveda de Vigo, Galicia, doutorouse na Universidade de Santiago de Compostela en 1997 coa tese “A educación afectivo-sexual na adolescencia. Epistemoloxía e didáctica dunha proposta”. Esta investigación expón por primeira vez o que, o como e o desde onde formular a educación sexual na adolescencia de forma sistemática, unha tarefa aínda pendente no sistema educativo.

O seu labor, pioneira e afastada dos estereotipos, foi recoñecida co Premio Irene do Ministerio de Educación no ano 2011. O galardón, que adoita outorgarse a propostas educativas de equipo, foi nesta ocasión concedido a título individual.

É coordinadora do comando de Igualdade e Membro da comisión xestora da agrupación de amigas do MARCO.

É ademais escritora e conferenciante. Actualmente está xubilada.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña