Charo Barca Fernández

Presidenta de Fundación Andrea e Directora Xerente de Pazo de San Lorenzo

Info

Entidade: Fundación Andrea // Pazo de San Lorenzo
Posto: Presidenta e Fundadora de Fundación Andrea // Directora Xerente e Administradora de Pazo de San Lorenzo
Sector: Outros servizos / Hostalería
Actividade: Apoio a nenos enfermos crónicos ou terminais // Xestión de grandes eventos
Ámbito Xeográfico: Galicia

Contacto

Nacida en Santiago, de natureza emprendedora, no ano 87, unha vez finalizada a súa formación preuniversitaria comeza a súa andaina profesional no ámbito da organización e xestión de eventos, sendo cofundadora e administradora solidaria de diferentes sociedades que desenvolven a súa actividade no sector de eventos (Pazo de San Lorenzo, Cyex ou Tesec Audiovisuais entre outras).

Desde o ano 1993 é Directora Xerente do recoñecido Pazo de San Lorenzo de Santiago de Compostela e tamén desde 2013 atópase á fronte da súa división, San Lorenzo Cátering Gourmet.
Ao seu activo labor profesional incorpora desde o ano 2005 a súa responsabilidade como fundadora e Presidenta da Fundación Andrea de apoio aos nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, que impulsa en memoria da súa filla Andrea, afectada desde o seu nacemento dunha parálise cerebral altamente limitante e falecida no ano 2003 aos oito anos de idade.

Recoñecementos: Premio “Galegos do Ano” Grupo Correo Gallego (2008). Insignia de Ouro da Sociedade de Pediatría de Galicia (2009). Medalla do Concello de Santiago de Compostela no Día Internacional da muller traballadora (2014). Galardón Vieira Antares (2015). Medalla dos Dereitos Humanos do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela (2016). Galardón ¨Dores Llópiz¨ do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (2017). Premio Serenidade de Radio Galicia-Cadea Ser (2018)

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña