Catalina Fernández de Ana Portela

Fundadora e Presidenta de Hifas da Terra

Info

Formación: Licenciada en Bioloxía
Entidade: Hifas da Terra, S.L.
Posto: Fundadora – Presidenta
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Saúde e Biotecnoloxía
Ámbito Xeográfico: Internacional

Contacto

Fundadora e Directora Xeral de Hifas da Terra. Bióloga, Micóloga, Micoterapeuta e doutoranda en Investigación Clínica en Oncoloxía na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Coautora do libro 12 setas medicinales.

Hifas da Terra (HdT) é unha biotech de investigación e innovación cun alto grado de especialización no desenvolvemento de nutracéuticos a partir de fungos medicinais. Este coñecemento, baseado nunha ampla experiencia sobre as aplicacións da Micoloxía á saúde (Micoterapia), é propiedade intelectual de Hifas da Terra e ten un alto valor científico e económico.

As áreas de investigación máis importantes en HdT son os estudos sobre cancro, saúde cerebral, saúde cardiovascular e enfermidades autoinmunes. Ademais, os estudios de I + D sobre saúde animal e biorremediación constitúen áreas de coñecemento complementarias de gran importancia para a empresa.

“En Hifas da Terra valémonos da biotecnoloxía, a innovación e a ecoloxía para desenvolver fórmulas que axudan ao coidado da saúde a partir das sustancias bioactivas de fungos medicinais que investigamos, producimos, extractamos e purificamos. Poñemos o noso coñecemento científico en Micoloxía ao servicio do benestar das persoas levando a cabo estudos de investigación e ensaios clínicos que nos permiten validar resultados de seguridade e eficacia baseados na evidencia; todo sen esquecer o noso compromiso co medio ambiente e o desenvolvemento sostible”.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña