Carolina Bouvard Nuño

Directora de Business Intelligence e Big Data de Telefónica España

Info

Titulación Universitaria: Enxeñeira de Telecomunicación
Empresa: Telefónica España
Posto: Directora de Business Intelligence e Big Data
Sector: Información e Comunicacións
Actividade: Tecnoloxía e transformación dixital, big data
Ámbito Xeográfico: España

Contacto

Executiva en Tecnoloxías Dixitais e Transformación, actualmente ocupa a Dirección de Tecnoloxía e Desenvolvemento BI e Big Data na organización de Estratexia en Telefónica España.

Con ampla experiencia no sector das telecomunicacións, ocupou distintas responsabilidades en Telefónica nas áreas de Estratexia, Arquitectura e Transformación TI, Tecnoloxía e Desenvolvemento de Servizos e Operacións de Rede.
Entre os seus logros máis recentes en Telefónica España destaca a transformación TI e dos centros de datos, o desenvolvemento de arquitecturas Cloud, a introdución de novos conceptos tecnolóxicos e modelos de traballo (arquitecturas orientadas a servizos, arquitecturas definidas por software, modelos Agile, …) e a transformación de BI a Big Data na compañía, conseguindo que os indicadores operativos TI en Telefónica España sexan referentes en eficiencia e calidade no sector.

Destaca tamén o seu compromiso co impulso da diversidade, como membro do equipo promotor da Diversidade en Telefónica España.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña