Carmen Ariza Tejeda

Psicóloga Sanitaria / Psicóloga do Traballo

Info

Titulación Universitaria: Licenciatura en Psicoloxía
Empresa: Mellora Psicoloxía
Posto: Psicóloga
Sector: Actividades sanitarias e de servizos sociais
Actividade: Psicoloxía Sanitaria e Psicoloxía do Traballo
Ámbito Xeográfico: Galicia

Contacto

Psicóloga, Máster en Dirección e Xestión de Recursos Humanos e Coach profesional, nos seus 30 anos de traxectoria profesional, desempeñou actividades en diferentes áreas: a docencia universitaria, a formación empresarial, a consultoría e a práctica privada da Psicoloxía e do Coaching.

Durante 15 anos foi profesora na E. U. de RR LL de Lugo de cuxo Máster en Recursos Humanos é docente na actualidade.

Traballou como Asesora de Política Social na Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e participou como relatora en numerosas xornadas e congresos e impartido e organizado cursos e seminarios relacionados coa Psicoloxía e o Coaching.
Conta cunha ampla formación e experiencia tanto na área de Xestión de Persoas como no de Desenvolvemento persoal, Xestión da Tensión e Coaching.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña