Belén Rubio Armesto

Vicerreitora de Investigación de Universidade de Vigo

Info

Titulación Universitaria: Doutora en Bioloxía
Entidade: Universidade de Vigo
Posto: Vicerreitora de Investigación
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Persoal docente e Investigador
Ámbito Xeográfico: Pontevedra

Contacto

Catedrática de Estratigrafía do Departamento de Geociencias Mariñas e Ordenación do Territorio da Universidade de Vigo desde o ano 2009, e Vicerreitora de Investigación desde xuño de 2018.

Profesora na Universidade de Vigo desde o ano 1991, impartiu docencia en grao, máster e doutoramento. Como investigadora, pertence ao grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental, centrando o seu labor investigador no estudo da sedimentología de ambientes costeiros e mariños profundos, con énfases na contaminación por metais, os cambios diagenéticos e a evolución paleoambiental e paleoclimática.

Ten publicados máis dun centenar de artigos científicos, e participou en máis de corenta proxectos de investigación.

No ámbito da xestión, foi Decana da Facultade de Ciencias do Mar durante 5 anos (2013-2018) e tamén a secretaria da Conferencia de Decanos de Ciencias do Mar, entre outros cargos.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña