Beatriz Leguerén Lago

Profesora en Universidade de Vigo

Info

Titulación Universitaria: Doutora en Comunicación Audiovisual
Entidade: Universidade de Vigo
Posto: Profesora Universidade
Sector: Educación
Actividade: Game Designer and Academic Researcher
Ámbito Xeográfico: Internacional

Contacto

Durante máis de 20 anos traballando na industria de contidos interactivos de Galicia onde, como socia e directora da primeira Axencia Interactiva de Galicia, tivo a posibilidade de traballar coas principais empresas públicas e privadas da rexión e con entidades de relevancia a nivel nacional.
Desempeñou diversos cargos en asociacións profesionais tanto do sector Audiovisual como do sector Tic: Presidenta de Eganet, Presidenta da Agrupación industrial das empresas Tic de Galicia, Membro do Comité estratéxico da Agrupación industrial Audiovisual de Galicia, etc.

Doutora en Comunicación Audiovisual, é na actualidade docente na universidade de Vigo na área de deseño e creación de contidos interactivos. A súa liña de traballo investigador céntrase no ámbito dos Games Studies.

Pódense destacar os seguintes traballos: “ Innovation, Transmedia and Neuroscience in TV” ( Springer 2018),“Deseño televisivo a través da neurociencia” ( EPI 2017), “A neurociencia na construción da hisotira no videojeugo” (Tenvos, 2018), “Ao- Kimia: How to Create a Videogame to Help High-School Students Enjoy Chemistry” ( Springer 2017), “ We are European Citizens. Xogar para aprender a ser europeos” ( Education in the Knowledge Society ( EKS), 2015).

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña