Angélica Figueroa Conde Valvís

Xefe de Grupo de Investigación Plasticidade Epitelial e Metástase do INIBIC

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Bioloxía
Entidade: Instituto de Investigación Biomédica A Coruña ( INIBIC)
Posto: Xefe de Grupo de Investigación Plasticidade Epitelial e Metástase do INIBIC
Sector: Biomédico – Científico
Actividade: Investigación do cancro
Ámbito Xeográfico: A Coruña

Contacto

Científica experta en investigación preclínica en oncoloxía.

Licenciada en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e Doutora en Bioloxía Molecular pola Universidade Autónoma de Madrid e Máster en Xestión Sanitaria e Hospitalaria ( IFFE Business School). Preto de seis anos de experiencia profesional en prestixiosas institucións internacionais como o Laboratory for Molecular and Cellular Biology do Medical Research Council- University College London ( UK), o National Institute of Aging ( National Institute of Health, USA) e o Institute for Molecular Bioscience, Queensland Univ. (Australia).

En 2009, incorpórase ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña ( INIBIC) onde actualmente dirixe o Grupo de Investigación Plasticidade Epitelial e Metástase, centrando o seu interese no estudo de novas métodos diagnósticas e novos tratamentos contra o cancro. É autora de numerosos artigos científicos publicados en revistas de impacto, e inventora de 2 patentes. Dirixe Teses Doutorais e proxectos de investigación de financiamento público e privado. Obtivo o Premio Rafael Hervada pos as súas contribucións na investigación biomédica do cancro.

É Vocal da Xunta Directiva da Asociación Española de Investigación sobre Cancro ( ASEICA), e co-fundadora do grupo ASEICA-Muller orientado a visibilizar e favorecer o desenvolvemento profesional das mulleres científicas no campo da oncoloxía básica e clínica.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña