Ángeles Romero Rodríguez

Catedrática de Universidade da Área de Tecnoloxía de Alimentos

Info

Titulación Universitaria: Doutora en Farmacia
Entidade: Universidade de Santiago de Compostela
Posto: Catedrática de Universidade
Sector: Educación
Actividade: Docencia e Investigación
Ámbito Xeográfico: España

Contacto

M. Ángeles Romero Rodríguez é Dra. en Farmacia e Catedrática de Universidade da área de Tecnoloxía de Alimentos na Universidade de Santiago de Compostela.

Imparte diferentes materias do Grao en Nutrición Humana e Dietética e do Master en Innovación, Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria, entre outras. É Coordinadora das prácticas externas do alumnado destas Titulacións.

Dirixe traballos de investigación (Teses Doutorais, Proxectos Fin de Grao e Master), publica artigos, libros, capítulos de libros e participa en Congresos internacionais e nacionais. Ademais, dirixe e participa diferentes proxectos de investigación internacionais, nacionais e autonómicos e contratos e convenios con empresas e entidades.

Imparte numerosas conferencias e organiza diferentes Congresos, Cursos e Xornadas.

É membro de varios Comités Científicos, referee de diferentes revistas e avaliadora de proxectos de investigación da ANECA e de EQA.

É socia fundadora e secretaria do Consello de Administración da spin-off TASTE LAB, S.L. que é a primeira empresa Tecnolóxica de Análise Sensorial.

Asesora e colabora con diferentes entidades e administracións para desenvolver plans alimentarios de diferentes zonas, para promover a alimentación saudable, desenvolver guías de alimentación, asesorar sobre técnicas culinarias para diferentes colectivos, etc.

É coordinadora do grupo de traballo (base empresarial) para a elaboración dunha estratexia de prevención da obesidade infantil en Galicia (Plan Xermola).

É a Presidenta da Comisión de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias, a representante da Universidade de Santiago de Compostela en temas de alimentos e dirixe a Cátedra Institucional do Pan e do Cereal.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña 

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.