Andrea González Pérez

Profesora catedrática do Conservatorio Superior de Vigo 

Info

Formación: Títulos Superiores en Piano (CSM de Castellón) e en Produción e Xestión Musical (ESMAR de Valencia)
Entidade: Xunta de Galicia
Posto: Profesora Catedrática do Conservatorio Superior de Vigo
Sector: Cultura
Actividade: Produción e Xestión de Música e Artes Escénicas
Ámbito Xeográfico: España e Internacional

Contacto

Andrea González (Tui, 1987) é xestora cultural e pianista.

Elixida entre as ‘Top 100 Mujeres Líderes de España’, funda e dirixe desde 2013 o IKFEM Festival Tui-Valença, único por ser o primeiro de carácter transfronteirizo entre España e Portugal -www.ikfem.com-.

É Vicepresidenta Primeira de Juventudes Musicales de España, o movemento cultural xuvenil máis importante do mundo segundo a UNESCO, e profesora catedrática de Produción e Xestión de Música e Artes Escénicas no Conservatorio Superior de Vigo da Xunta de Galicia.

A polifacética artista galega actuou en múltiples escenarios de Australia, Cuba, Reino Unido, Italia, Portugal e España, destacando os seus concertos no Teatro Real de Madrid, a Australian National University de Canberra, o Teatro Nacional de Cuba e o Barbican Center de Londres.

Publica en 2022 o disco ‘Salvado – Piano Works’ (Warner Music Spain) xunto a Leonor Bonilla e Agatha Ruiz da Prada, álbum que recupera a música do monxe Rosendo Salvado, figura icónica do século XIX e nado na súa localidade natal.

Conta con Másteres en Music Business Management (University of Westminster de Londres) e en Piano (Conservatorio Giuseppe Verdi de Milán). Título en Xestión Musical e Emprendemento (Accademia Teatro alla Scala). Títulos Superiores en Piano (CSM de Castellón) e en Producción e Xestión Musical (ESMAR de Valencia).

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
C/ Miguel Ferro Caaveiro, 3
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña