Ana Ulla Miguel
Catedrática de Universidade, Área de Astronomía e Astrofísica da Universidade de Vigo
Info
Titulación Universitaria: Licenciada en Ciencias Físicas, coa Especialidade de Astrofísica.
Entidade: Universidade de Vigo
Posto: Catedrática de Universidade, Área de Astronomía e Astrofísica
Sector: Educación
Actividade: Investigadocción científica e docencia universitaria
Ámbito Xeográfico: Pontevedra
Licenciada e doutora en Ciencias Físicas, Universidade de Laguna, coa Especialidade de Astrofísica.
Desde agosto de 2022 é Catedrática de Universidade, pola área de astronomía e astrofísica, no Departamento de Física Aplicada da Universidade de Vigo, ao que se incorporou como profesora en 1997.
Ocupou diversos postos de investigación e docencia en centros nacionais e estranxeiros, por exemplo a Universidade de Tromsø (Noruega), a Axencia Espacial Europea (ESA), o Instituto Niels Bohr de Copenhague ou o Instituto de Astrofísica de Canarias (IAC).
Membro da Unión Astronómica Internacional (IAU), da Asociación de Mujeres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT), da Sociedade Española de Astronomía (SEXA), da Real Sociedade Española de Física (RSEF) e da Fundación Ceo, Ciencia e Cultura (FC3).
En 2005 puxo en marcha, e pertenceu ao, grupo de investigación AS1 de Astronomía e Astrofísica da UVIGO. Desde maio de 2024 é membro do grupo XM2 de XEOLOXÍA MARIÑA E AMBIENTAL da UVIGO. Este grupo forma parte do CIM (Centro de Investigación Mariña), que é un dos oito centros da Rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (CIGUS).
Destacan a súa colaboración no Grupo Galego para ou Satélite Gaia (ESA) liderado pola Catedrática Minia Manteiga Outeiro (UDC) e a súa participación en novas liñas de investigación en astrobiología no grupo XM2 da UVIGO.
Buscar referentes
Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!
Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Hotel Oca Puerta del Camino
C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña
